Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle de reaxuste de aliñacións sito no novo vial entre a rúa Manuel Cordo Boullosa e a rúa González Besada de Ponte Caldelas.

Por decreto da alcaldía do 8 de xuño de 2000, prestouse aprobación inicial ó estudio de detalle para reaxuste de aliñacións do novo vial entre a rúa Manuel Cordo Boullosa e a rúa González Besada de Ponte Caldelas, conforme o proxecto presentado por Promociones Caldelas, S.L. e redactado pola arquitecta Teresa Táboas Veleiro.

O que se fai público para xeral coñecemento facendo constar que o expediente estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría polo prazo dun mes, mediante a insercción de anuncios no DOG e en un dos periódicos de maior circulación da provincia, de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a última publicación, podendo os interesados examinalo e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Ponte Caldelas, 8 de xuño de 2000.

Fidel Rodríguez Toubes

Alcade