Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 19 de setembro de 2000 Páx. 13.168

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO PROVINCIAL DE TURISMO DE OURENSE

ANUNCIO de concurso dun contrato para a elaboración de material turístico da provincia de Ourense.

No BOP de Ourense do día da data, publícase íntegro o prego de condicións, para a contratación da elaboración de material turístico da provincia de Ourense, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 15º día hábil seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral do Padroado Provincial de Turismo de Ourense. A apertura da documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial, rúa Progreso, 32. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuítamente ós que o soliciten, no rexistro do Padroado Provincial de Turismo de Ourense, rúa Progreso, 28, ou por teléfono: 988 39 10 85 e fax: 988 39 19 62.

Ourense, 11 de setembro de 2000.

Antonio Mouriño Villar

Presidente do Padroado Provincial de Turismo

de Ourense