Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 19 de setembro de 2000 Páx. 13.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO do concurso público para a redacción do proxecto, construcción e explotación dun estacionamento para vehículos no subsolo da praza de España e remodelación total da praza.

1. Entidade adxudicadora.

a) Nome: Concello de Ferrol.

b) Enderezo: praza de Armas, s/n.

c) Número de teléfono: 981 33 67 22.

d) Número de fax: 981 33 67 49.

e) Localidade: Ferrol. C.P. 15402.

2. Modalidade de adxudicación.

a) Tramitación do expediente: trámite ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Contido do contrato obxecto de licitación.

Obxecto: construcción e explotación dun estacionamento para vehículos no subsolo da praza de España e remodelación total da praza.

4. Lugar de execución.

O estacionamento estará situado na praza de España. O ámbito con carácter de máximo está delimitado no plano adxunto ó prego como anexo nº 1.

5. Indicacións relativas ó proxecto.

A proposta que se presente deberá conter unha memoria expositiva e xustificativa da solución proposta para o correcto cumprimento do obxecto do contrato na que, de acordo co establecido o prego de condicións xerais e xurídicas e no de prescricións técnicas, se expoña a metodoloxía que se utilizará nos traballos, cunha clara e precisa definición de todos e cada un dos que se compromete a realiza-lo licitador. Así mesmo, incluirase nesta memoria o calendario completo para a execución do contrato que sexa compatible co prazo de execución establecido no prego. Tamén se presentará un proxecto básico do aparcadoiro e da urbanización da superficie da praza e un estudio económico-financeiro da explotación do servicio.

6. Prazos de execución.

O prazo de execución total das obras é de 30 meses a partir da data na que se asine a acta de comprobación do replanteo.

7. Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse o prego de condicións e documentos complementarios.

Nome: Xerencia de Urbanismo (Concello de Ferrol).

Enderezo: plaza de Armas s/n. 15402 Ferrol.

Teléfono: 981 33 67 22.

Fax: 981 33 67 49.

O prego está dispoñible na páxina web do concello: www.ferrol-concello.es. P/ Concurso estacionamento Praza de España.

8. Data límite de recepción de proposicións e ofertas.

a) Día: 20.

b) Mes: outubro.

c) Ano: 2000.

9. Enderezo ó que se deben envia-las ofertas.

Nome: rexistro xeral. Concello de Ferrol.

Enderezo: praza de Armas s/n. 15402 Ferrol. A Coruña. España.

Teléfono: 981 33 67 22.

Fax: 981 33 67 49.

10. Lingua na que debe redactarse a oferta.

Castelán: oficial do Estado, ou galego: oficial da Comunidade Autónoma.

11. Autorización de asistencia á apertura.

Sesión en acta pública (sala de capacidade reducida).

-Preferencia: licitadores.

-Público en xeral.

12. Data, hora e lugar de apertura de ofertas.

Comunicaráselles ós licitadores coa antelación debida. Teléfono de información : 981 33 67 22. Fax: 981 33 67 49.

13. Garantías.

Provisional.

Forma: art. 36.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio (actual art. 35 do RDL 2/2000, do 16 de xuño (BOE núm. 148, do 21 de xuño).

Contía: 1.500.000 ptas.

b) Definitiva.

Forma: art. 36 do RDL 2/2000, do 16 de xuño (BOE núm. 148, do 21 de xuño).

Contía: 4% do importe de adxudicación.

14. Financiamento da obra.

1. O concesionario asumirá o financiamento da totalidade das obras, así como das modificacións e desviacións que deban de introducirse nos servicios existentes como consecuencia daquelas, excepto nos casos establecidos neste prego. Esta asunción non significa, en ningún caso, que o concesionario posúa a condición de dono das obras, ó se integraren estas dentro do domicilo público local establecido nos artigos 2 e 4 do Regulamento de bens das corporacións locais.

2. O Concello de Ferrol non avalará ningún tipo de empréstito nin participará en forma ningunha no financiamento das obras.

3. Os concursantes xustificarán a forma do financiamento que proxecten utilizare o concesionario a de garanti-las operacións de financiamento complementarias se eventualmente fosen precisas para unha elevación dos custos.

4. Dado que a explotación ou utilización dos servicios baixo a modalidade que se menciona non producirá obriga de pagamento por conta da Administración municipal, o concello non ten nin está obrigado a ter crédito orzamentario dispoñible de ningunha especie, finalidade nin contrae obriga ningunha para exercicios futuros.

15. Prezo do contrato.

O prezo do contrato será o que resulte da adxudicación, e nel estará incluído o IVE, todo isto de conformidade co establecido no art. 77 do RDL 2/2000, do 16 de xuño (BOE núm. 148, do 21 de xuño de 2000).

16. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista.

As establecidas no prego de condicións xerais, xurídicas, técnicas e económicas.

17. Criterios que se utilizarán para a adxudicación.

Os criterios para a adxudicación do concurso e conforme os cales se valorarán as proposicións serán os seguintes:

-Mellor adaptación urbana, calidade e funcionalidade da solución proposta, mellor adaptación á política municipal en materia de tráfico e menor interferencia na circulación en superficie: ata 8 puntos.

-Calidade técnica, estética e funcional das obras en superfie, mellor proposta de remodelación da praza: ata 8 puntos.

-Menor prazo de execución da obra: ata 3 puntos.

-Viabilidade do estudio económico-financeiro: ata 3 puntos.

-Menor duración da concesión: ata 2 puntos.

-Equipamento e dotacións previstas polo concursante na súa proposa e calidade dos materiais empregados: ata 2 puntos.

-Tamaño máis idóneo das prazas de aparcadoiro: ata 2 puntos.

-Programa de construcción das obras: ata 2 puntos.

-Proposta de desvío dos servicios afectados: ata 2 puntos.

-Capacidade da empresa concesionaria para a xestión e explotación do aparcadoiro: ata 2 puntos.

-Menor prezo por praza destinada a cesión permanente e menor tarifa de aluguer horario: ata 1 punto.

-Maior canon que percibirá o concello e, se é o caso, número de prazas que se ceden para uso gratuíto municipal: ata 1 punto.

-Obras similares realizadas pola empresa constructora: ata 1 punto.

18. Data de envío do anuncio ó DOCE.

a) Día: 23.

b) Mes: agosto.

c) Ano: 2000.

Ferrol, 25 de agosto de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde