Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro Lafuente V, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito con data 10-4-2000, Rosa Oubiña Aido solicitou autorización para a transmisión da concesión do viveiro Lafuente V.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mari
ños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:
Autoriza-la transmisión mortis-causa, a favor de Rosa Oubiña Aido (35.425.195), José Manuel Portas Oubiña (35.468.593) e Carlos Portas Oubiña (35.470.891), da concesión administrativa do viveiro que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Lafuente V.
Localización: 320 Vilagarcía B.
Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 28-4-1956.
Remate da vixencia: 18-5-2006.
Antigos titulares: Rosa Oubiña Aido (35.425.195) e José Benito Portas Leiro (35.413.669).
Novos titulares: Rosa Oubiña Aido (35.425.195), José Manuel Portas Oubiña (35.468.593) e Carlos Portas Oubiña (35.470.891).
Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 9 de agosto de 2000.
P.D. (Orde 14-6-1999,
DOG nº 120, do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo