Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 4 de xullo de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Cores, Dorgam, Galbán XIV, Majale, Majale II e Merchi I.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión dos viveiros Cores, Dorgam, Galbán XIV, Majale, Majale II e Merchi I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito con data 4-5-2000, Manuel Janeiro Leiro solicitou autorización para a transmisión das concesións dos viveiros Cores, Dorgam, Galbán XIV, Majale, Majale II e Merchi I.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección de Recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-los expedientes de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-Os expedientes seguiron tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión

da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Mejilloneras Manuel Janeiro e Hijos, S.L. (B36.349.652), das concesións administrativas dos viveiros que se indican a continuación e dos que son titulares na actualidade Manuel Janeiro Leiro (35.332.291J) e Mercedes Novo López (35.332.935J).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Cores.

Localización: 27 Vilagarcía B.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 25-2-1965.

Remate vixencia: 25-2-2005.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Dorgam.

Localización: 147 Vilagarcía B.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 12-8-1955.

Remate vixencia: 10-1-2002.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Galban XIV.

Localización: 65 Vilagarcía B.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 27-11-1963.

Remate vixencia: 28-12-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Majale.

Localización: 142 Cambados C.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 22-8-1975.

Remate vixencia: 22-8-2005.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Majale II.

Localización: 300 Vilagarcía B.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 30-9-1975.

Remate vixencia: 11-11-2005.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Merchi I.

Localización: 70 Vilagarcía B.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 12-6-1974.

Remate vixencia: 30-7-2004.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 4 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999,

DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo