Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro Blanco V e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito con data 24-2-1997, Juan-Manuel Millán Paz solicitou autorización para a transmisión da concesión do viveiro Blanco V.
Segundo.-O informe do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente é favorable.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-A sentencia do Xulgado de Primeira Instancia Número Un de Cambados de data 24-1-1997 establece a propiedade legal da batea.
Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Juan Manuel Millán Paz (35.413.586A), da concesión administrativa do viveiro que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Blanco V.
Localización: 302 Cambados C.
Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 2-10-1979.
Remate da vixencia: 31-10-2009.
Antigo titular: Casimiro Blanco Rodríguez (35.387.892).
Novo titular: Juan-Manuel Millán López (35.413.586A).
O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 7 de xullo de 2000.
P.D. (Orde 14-6-1999,
DOG nº 120, do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo