Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PEROXA

EDICTO (oferta pública de emprego).

O Pleno da Corporación, en sesión do 8 de agosto de 2000, aprobou a oferta pública de emprego do persoal ó servicio deste concello para o actual ano e que a seguir se detalla:

-1 praza ofertada: auxiliar en tarefas diversas non programadas, réxime laboral fixo.

O que se fai público en cumprimento do preceptuado no artigo 91 da Lei reguladora de bases de réxime local e 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública local.

A Peroxa, 9 de agosto de 2000.

Manuel Seoane Rodríguez

Alcalde