Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 1 de setembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes no AR-F10.02 avda. da Sardiñeira I, presentado por Isomán, S.L.

2. Ordena-la publicación do presente acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de planeamento, sito na avda. da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio satisfaraos o seu promotor.

A Coruña, 5 de setembro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo