Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación da obra que a seguir se relaciona:

-Cuberta da pista polideportiva descuberta do colexio público de Sigrás-Cambre: orzamento: 15.265.987 ptas., IVE incluído (91.750,43 euros).

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 205 do 6 de setembro deste ano.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de trece días naturais a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 7 de setembro de 2000.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde