Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a subministración dunha planta enfriadora de condensación por auga. (C.P 13/2000).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron

delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada por Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio) convoca o seguinte concurso público:

Contratación de subministración: 1 planta arrefriadora de condensación por auga.

Orzamento: 8.000.000 de pesetas (48.080,96 euros), IVE incluído.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite ordinario.

Prazo de execución: 2 semanas desde a data de formalización do contrato.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 18 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Características funcionais, ata 3 puntos. 2) Importe económico, ata 3 puntos. 3) Servicio técnico, ata 2 puntos. 4) Prazo de posta en servicio, ata 2 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Hospital Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52, (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do vixésimo día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos e SS. XX. do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do adxudicatario.

Ourense, 17 de agosto de 2000.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense