Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de sanidade alimentaria 74/1999.

En aplicación do art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da proposta de resolución do expediente sancionador nº 74/1999, incoado por infracción ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia que aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos. O expedientado dispón do prazo de quince días para examina-lo expediente na delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-las alegacións correspondentes, se o considera oportuno, segundo preceptúa o art. 19 do Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestado sancionadora.

1. Expediente sancionador 74/1999.

Denunciado: Luis González Vázquez.

DNI:08.665.648.

Último enderezo coñecido: Lugar de Carro nº 25-06660-Fuenlabrada de los Montes, Badaxoz.

Ourense, 18 de agosto de 2000.

P.A. (art. 16.2º do Decreto 198/1994, do 16 de xullo)

José Selas Souto

Delegado provincial de Ourense