Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2000 pola que se anuncia concurso aberto para a selección dunha oferta para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Baiona para a construcción e explotación de intalacións para a navegación recreativa. (Expediente 13-28-2000-C-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais. Área de Planificación e Explotación.

c) Número do expediente: clave: 13-28-2000-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para o outorgamento, logo da tramitación correspondente, dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Baiona para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa.

b) Lugar da concesión: Baiona (Pontevedra).

c) Prazo da concesión: trinta (30) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon.

Importe total: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: o 2 por 100 do orzamento total das obras e instalacións do proxecto presentado na oferta.

Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará o cuadraxésimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de bases.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro xeral do ente público Portos de Galicia, ou na forma establecida no artigo 100 do Decreto 3410/1975, do 25 de novembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de contratación do Estado.

2ª Domicilio: Praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das ofertas.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela. 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais do ente público Portos de Galicia o resultado da dita comprobación, indicando, de se-lo caso, o prazo establecido para a emenda dos defectos materiais observados na documentación susceptibles de corrección.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia