Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 3 de agosto de 2000, da Delegación Comarcal de Ribeira, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de expedientes sancionadores (PESAN1 00/35-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (Diario Oficial de Galicia nº 99 do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación comarcal as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Comarcal de Ribeira, praza dos Mariñeiros, 11.

Nº de expediente: PESAN1 2000/35-1.

Denunciado: Constantino Tembra Vilanova.

DNI: 76.467.686-T.

Enderezo: Taragoña-Rianxo.

Nº de expediente: PESAN1 2000/224-1.

Denunciado: Rubén Abuín Figueira.

DNI: 33.247.046-V.

Enderezo: Brión-Leiro, Rianxo.

Ribeira, 3 de agosto de 2000.

José Casais Torres

Delegado comarcal de Ribeira