Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 13 de setembro de 2000 Páx. 12.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o outorgamento de demasías número 1483.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que, en aplicación do disposto no artigo 57.1º a) do vixente Regulamento xeral para o réxime de minería, do 25-8-1978, se somete a información pública o outorgamento das demasías producidas na concesión Mercedes Segunda nº 1483, por resolución da Dirección Xeral de Industria de data 3-7-2000, sita no termo municipal de Tui, desta provincia, solicitadas por Cerámicas del Miño, Carmen Ubeira y Cía, S.L.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días, a partir desta publicación, os titulares daquelas concesións mineras estremeiras con Mercedes Segunda nº 1483 manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 17 de agosto de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra