A Comisión de Goberno, en sesión do día 12 de xullo de 2000, adoptou o acordo de presta-la súa aprobación ó prego de condicións económico-administrativas que han de rexer na contratación mediante tramitación urxente e por concurso aberto, da obra que se indica no punto dous, expoñéndose ó público polo prazo de oito días seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Simultaneamente anúnciase concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións en relación co dito prego.
1. Entidade adxudicadora. Comisión de Goberno do concello.
2. Obxecto do contrato e prazo de execución. Execución da obra pavimentación r/ Calvo Sotelo, Sesulfe e outras. Prazo seis meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Urxente. Aberto. Concurso.
4. Orzamento de licitación e criterios de selección. Trece millóns de pesetas. Os consignados no prego de condicións.
5. Garantías. Provisional. 260.000 pesetas. Definitiva, catro por cento importe adxudicación.
6. Obtención da documentación e información. Concello de Guitiriz, secretaría: rúa Xeneral Franco, 4. Teléfono: 982 37 01 09. Fax: 982 37 05 56. Ata o día anterior a que finalice o prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista. Os especificados no prego.
8. Presentación de ofertas. Prazo de trece días seguintes á publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Documentación. A esixida no prego. Lugar de presentación. Rexistro xeral do concello, de nove a catorce horas.
9. Prazo de vixencia das ofertas. Tres meses contados desde o día de apertura das proposicións.
10. Apertura de ofertas. Primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, non coincidente con sábado, ás trece horas.
11. Gastos de anuncios. Por conta do adxudicatario.
Guitiriz, 4 de agosto de 2000.
Mª José Vázquez Lorenzo
Alcaldesa