Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Boimorto anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante poxa, da obra de mellora de praza e área recreativa, incluída no Plan 2000 de medio ambiente.

1. Tipo de licitación: 16.204.201 ptas. (97.389,21 euros).

2. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

3. Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

4. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

5. Pregos de cláusulas administrativas: os aprobados pola Deputación Provincial da Coruña, para as obras comprendidas nos plans provinciais, publicados no BOP nº 77, do 3 de abril de 2000.

6. Modelo de proposición:

D/Dª....., con domicilio en....., rúa..... número....., teléfono....., con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) número....., actuando en nome propio (ou en representación de....., DNI ou DIF número....., e con domicilio en..... número....., teléfono.....) toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de....., e para tal efecto fai constar:

1. Que ofrece o prezo de..... (IVE incluído), que significa unha baixa....., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigacións se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..... o..... de..... de 200...

O licitador (asinado e rubricado)

7. Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas.

Os gastos dos anuncios da poxa será por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Boimorto, 4 de agosto de 2000.

Luis Verea Taboada

Alcalde