Obxeto: redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra.
Obra: reforma do soto, baixo, andar 1º e 2º no ambulatorio Concepción Arenal en Santiago de Compostela.
Orzamento da contrata: 6.787.492 pesetas (40.793.65 euros).
Prazo de execución: 3 meses.
Clasificación do contratista: non se esixe.
Garantía definitiva: non se esixe.
Forma de tramitación: urxente.
Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) o nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles, das 9 ás 14 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou
por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 12 do prego de claúsulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.
P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos