Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de caza PO-99/065.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica caberá, de conformidade co disposto nos artigos 107.1º, 114º e 115º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

Procedemento sancionador de caza: Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Expediente: PO-99/065.

Denunciado: José Carreira García.

Último enderezo coñecido: Arnois-Carballeira, 22, 36584 A Estrada.

Contido da resolución:

Data: 27 de xuño de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: cazar en terreo sometido a réxime cinexético especial sen estar en posesión do correspondente permiso.

Resolución: declaración de caducidade do procedemento, sen prexuízo da procedencia de incoar un novo expediente polos mesmos feitos, ó non ter transcorrido o prazo establecido no artigo 60 da Lei 4/1997 para a prescrición da infracción.