Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 14 de agosto de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores PO-1407-1998 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícase ás persoas que se citan a continuacion a resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia, do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do día seguinte á publicación deste edicto para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4) e presentar ante a citada delegación as alegacións que estimen pertinentes.

Nº de expediente: PO-1407-1998.

Denunciado: Manuel García Parcero.

Enderezo: Avda. Castelao, 28 - Cangas-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º e 6.15º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 50.002 ptas.

Nº de expediente: PO-0939-1999.

Denunciado: José Antonio Freire Estévez.

Enderezo: Ramal dos Galos, 15-3º A Bueu-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 25.001 ptas.

Nº de expediente: PO-1018-1999.

Denunciado: Alejandro G. de los Santos García.

Enderezo: Muelle Besada, 103 - Lourido-Poio-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 25.001 ptas.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 14 de agosto de 2000.

Rosa María Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo