Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 14 de agosto de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador PO-0034-1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícase ás persoas que se citan a continuación a resolución dos recursos de alzada dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os interesados dispoñen dun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación deste edicto, para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo que corresponda, de conformidade co disposto nos artigos 8.1º e) e 14.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O expediente relacionado de seguido atópase a disposición dos interesados na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra, sita na r/ Palma nº 4 -Vigo.

Nº de expediente: PO-0034-1999.

Denunciado: Diego Dios Gondar.

Enderezo: Semuiño, 14 Illa de Arousa-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.)

Recurso de alzada presentado o día: 3 de setembro de 1999.

Resolución do recurso de alzada: desestimatorio, confirmando a resolución de cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (Diario Oficial

de Galicia nº 104, de 3 de xuño) as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non seren aboadas procederase, sen máis trámite, á súa cobranza pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 14 de agosto de 2000.

Rosa María Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo