Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, dun sistema integrado de detección e enumeración de bacterias para o Departamento de Microbioloxía e Patoloxía do Centro de Control de Calidade do Medio Mariño de Vilaxoán.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición dun sistema integrado de detección e enumeración de bacterias para o Departamento de Microbioloxía e Patoloxía do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán, de acordo coas características establecidas no prego de prescricións técnicas.

b) Lugar de entrega: Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán.

e) Prazo de entrega: no prazo máximo de 60 días contado desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 8.200.000 pesetas/49.282,99 euros.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 40 44.

e) Telefax: 981 54 50 25.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: aquela na que finalice o prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista:

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sex

to día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ó terceiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos de anuncios:

Serán satisfeitos polo adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2000.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños