Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO de contratación por concurso.

O Concello de Lousame convoca licitación pública para adxudicación por concurso, procedemento aber

to, trámite de urxencia, da seguinte obra, incluída no Plan 2000 de protección de medio ambiente: rexeneración da canteira de Merelle.

a) Prego de cláusulas administrativas particulares.

É de aplicación o prego-tipo de cláusulas administrativas que rexerán a contratación mediante concurso, procedemento aberto da deputación provincial publicado no BOP nº 77, correspondente ó 3 de abril de 2000, modificada no BOP nº 101, correspondente ó 4 de maio de 2000; así como a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Expte. P.200-63/1998 relativo ás indicadas obras, en canto ás prescricións técnicas.

b) Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: rexeneración da canteira de Merelle.

2. Orzamento: 6.134.942 ptas.

3. Aplicación orzamentaria: 611.00.

4. Prazo de execución: 6 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Lugar de presentación de ofertas: casa do concello. Oficinas xerais, Portobravo, nº 1.

7. Prazo de presentación de ofertas: 13 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

8. Garantía provisional: non se esixe.

9. Garantía definitiva: 4% sobre prezo de adxudicación.

10. Revisión de prezos: non procede.

11. Control de calidade: esixible, sen prexuízo do establecido no anexo III.

12. Apertura de propostas: sexto día hábil seguinte, agás sábado, ó de remate do prazo de presentación de propostas, ás 20 horas, na casa do concello.

13. Lugar onde se poden obter copias do proxecto, prego de cláusulas e resolución da Dirección Xeral de Patrimonio: Selecom 99, S.L. Copynoia, rúa de Galicia, 54 baixo esquerda. Noia.

ANEXO I

MODELO DE PROPOSICIÓN

D/na..... con domicilio en....., rúa, número, teléfono, con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) nº.....; actuando en nome propio (ou ben, en representación de..... DNI ou CIF..... con domicilio social en.....) toma parte no concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, para adxudicación da obra: rexeneración da canteira de Merelle; facendo constar que:

1. Ofrece o prezo de..... (en letra e cifras) pesetas IVE incluído, que significa unha baixa de..... pesetas en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se derivan do prego de cláusulas administrativas particulares, así como a resolución da Dirección Xeral de Patri

monio Cultural referente á obra; así como os criterios de avaliación establecidos no anexo III.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En....., o..... de..... de 2000.

O/A licitador/a

Rubricado

ANEXO II

MODELO DE SOBRE

Proposición para tomar parte no concurso para adxudicación da obra rexeneración da canteira de Merelle; presentada por.....

En....., o..... de..... de 2000.

ANEXO III

OPCIÓN B) CRITERIOS DE AVALIACIÓN. PUNTUACIÓN (DE 0 A.....). PUNTUACIÓN MÁXIMA

1. Solvencia técnica: 10 puntos.

2. Solvencia profesional: 10 puntos.

3. Prezo: 8,50 puntos.

4. Control de calidade externa promovido pola Administración, na fase de execución da obra, por conta do adxudicatario: 8,50 puntos.

5. Relación de obras da mesma ou análoga clase executadas nos cinco anos anteriores e informes sobre a mesa: 8,50 puntos.

6. Solvencia económica: 7 puntos

7. Prazo de execución (reducción): 7 puntos

Lousame, 11 de agosto de 2000.

José Ramón Vidal Castelo

Alcalde