Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COSPEITO

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: contratación das obras de reforma e ampliación da escola de Muimenta para centro socio-cultural.

Orzamento: 76.627.119 pesetas. IVE incluído.

Garantías.

Provisional: 1.532.542 pesetas.

Definitiva: 4 por 100 do importe de adxudicación do contrato.

Prazo de execución: 22 meses.

Información: Concello de Cospeito.

Clasificación: grupo C. Subgrupos 1 a 9 ambos incluídos, categoría C.

Proposicións: poderán presentarse na secretaría xeral do concello, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

En Cospeito, 2 de agosto de 2000.

Armando Castosa Alvariño

Alcalde