Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 6 de xuño de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización promovido por Rafael Luis Cob, en representación da sociedade Penufra, S.L., para a urbanización en patio de rueiro na avda. de Finisterre, 52-Arteixo, segundo proxecto redactado polo arquitecto Ignacio E. Rodríguez Galán, o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 15/2000 PUR).

Arteixo, 4 de xullo de 2000.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente