Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 219/1999 pro.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 3071992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, con base no disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo de 1 mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

Expediente sancionador Secretaría 219/1999 pro.

Denunciado/a: María Pájaro Vázquez. Cafetería Cannibal.

DNI/CIF: 33.281.350.

Último domicilio coñecido: Rosalía de Castro, 67 baixo. Santiago de Compostela.

Cualificación da infracción: grave.

Importe da sanción: 500.001 ptas.

A Coruña, 9 de xuño de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña