Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 11 de setembro de 2000 Páx. 12.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 27 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a Resolución do 2 de febreiro de 2000 dictada no expediente sancionador PO-76/1999, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número PO-76/1999, incoado ó titular do establecemento

dedicado á venda de bebidas, situado na rúa Rollo, 7, de Cambados, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: PO-76/1999.

Sancionado: Joaquín Domínguez Figueira.

Domicilio: rúa Rollo, 7.

Localidade: Cambados.

Resolución: 2 de febreiro de 2000.

Precepto infrinxido: art. 86.2º e 86.5º da Lei 9/1997.

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Pontevedra, 27 de xullo de 2000.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra