Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 08 de setembro de 2000 Páx. 12.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2000, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Castelo (Santa María) (Taboada-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Castelo (Santa María) (Taboada-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión delas, póñense á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite para a dita toma de posesión, a do 30 de setembro de 2000 e o 31 de decembro de 2000 para arboredo a falta de acordo do propietario destes e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles contados desde o 2 de outubro de 2000, os interesados poderán reclamar xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por

cento, entre a cabida real dos novos predios e o que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto. As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión, deberán facelas os novos propietarios no prazo sinalado no segundo párágrafo deste escrito.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución lles outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 28 de agosto de 2000.

David López Casal

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

de Lugo

Visto e prace

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo