Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 21 de xullo do ano 2000 adoptou, co quórum legal

da maioría absoluta, o acordo que ten a seguinte parte dispositiva:

a) Aprobar definitivamente o expediente IV-7/1999 de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, zona segunda-industrias futuras (relativa ó polígono das Gándaras) que ten por obxecto varia-las determinacións aplicables a parcelas de gran superficie (superiores a 19.000 m) existentes no devandito polígono industrial, promovido por este concello e redactado polo arquitecto Manuel J. Freijeiro Martínez (Arteplan, S.A.).

b) Publicar este acordo no DOG e no BOP, así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

c) Comunicar este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e ó mesmo tempo darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e do dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integren a modificación sobre os que recau este acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario deste concello, facendo consta-lo dito extremo.

d) A eficacia desta aprobación definitiva e a súa entrada en vigor quedan condicionadas ó cumprimento do disposto no citado artigo 49 e no 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, significando que contra o acordo anteriormente expresado, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-los recursos seguintes:

a) Directamente o contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolucion (artigo 306 do RDL 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana).

b) Sen prexuízo de que poida exercerse, de se-lo caso, calquera outro que estime procedente.

O Porriño, 2 de agosto de 2000.

José Manuel Barros González

Alcalde