Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/18-2, 5265 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Saénz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilarmel e Cereixido.

Situación: Quiroga.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a Paradapiñol, Cereixido, Vilarmel e Paradaseca a 20 kV en conductor LA-56 sobre apoios de formigón e 12.966 metros de lonxitude total. 3 centros de transformación de 50 kVA (Paradapiñol, Cereixido e Vilarmel) cunha relación de transformación

20.000/380-220 V. Un centro de transformación en Paradaseca de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z. sobre apoios de formigón cunha lonxitude total de 1.168 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Lugo, 17 de xullo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo