Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 14 de agosto de 2000 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto e ordinario, a contratación do servicio de cociña-comedor para o Centro Residencial Docente de Vigo. (Expediente 5/2000 SE).

A devandita resolución foi publicada no DOG nº 161, do luns, 21 de agosto. No DOG nº 173, do mércores, 6 de setembro, incluíuse unha corrección de erros na devandita resolución, referida ó punto

4, importe total do orzamento base de licitación, que cómpre anular.

En consecuencia, queda anulada a devandita corrección de erros, polo que o importe total do orzamento base de licitación, que se indica no punto 4, é o de 93.311.130 ptas., tal como figura no DOG nº 161, do 21 de agosto.