Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.676

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Unemsa (código do convenio 1501572).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Unemsa (código convenio nº 1501572) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-6-2000, posteriormente rectificado con data do 18-7-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa o día 12-6-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administracións do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de xullo de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo de traballo para aglomerados

de madeira da empresa Unemsa

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio é de aplicación a todo o persoal que presta os seus servicios na empresa Unemsa, con domicilio na Canosa-Rus, Carballo (A Coruña), que ten como actividade fundamental a fabricación de taboleiros de madeira aglomerada en tódalas súas clases, así como o serradoiro dependente desta, sen máis excepcións que as indicadas pola lei.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio terá unha duración de dous anos. Entrará en vigor o un de xaneiro de dous mil e rematará a súa vixencia o trinta e un de decembro de dous mil un.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións económicas que con carácter de cómputo anual excedan das fixadas neste convenio.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas estimadas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou de lugar, implantadas pola empresa, que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 4º.-Absorción.

As disposicións legais que impliquen variación económica nalgúns dos aspectos retributivos unicamente terán eficacia práctica se, globalmente consideradas, superan o nivel total do convenio. No caso contrario, estimaranse absorbidas polas melloras pactadas neste.

Artigo 5º.-Revisión.

Este convenio revisarase unicamente en tódolos seus efectos económicos, o día un de xaneiro de dous mil un. Consistirá esta revisión na aplicación do IPC establecido polo INE durante o ano 2000.

Artigo 6º.-Comisión mixta.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio e, en xeral, para atender cantas dúbidas poidan derivarse da aplicación deste, establécese unha comisión composta por 3 membros da parte social e 3 en representación da empresa. Poderá asistir un asesor por cada parte.

Artigo 7º.-Período de proba.

Sempre que non se pacte por escrito, o ingreso será provisional ata que non se cumpra o período de proba, que para cada grupo profesional se detalla a continuación:

a) Persoal técnico titulado e non titulado: dous meses.

b) Persoal administrativo: un mes.

c) Persoal obreiro e subalterno: quince días.

Artigo 8º.-Persoal con capacidade diminuída.

A empresa queda obrigada a adapta-lo persoal con capacidade diminuída, como consecuencia de accidente laboral ou enfermidade profesional, sempre que non alcanzase unha invalidez permanente en calquera dos seus graos. No caso de enfermidade profesional, sempre que o traballador teña unha antigüidade na empresa de máis de 6 anos.

Se o novo posto é de categoría superior, rexerán as condicións económicas do dito posto. Se fose inferior, continuará percibindo as retribucións anteriores.

Esta situación será estudiada conxuntamente pola dirección e o comité de empresa.

Artigo 9º.-Servicio militar.

Computarase para os efectos de antigüidade o tempo que dure o servicio militar dos traballadores. Unha vez o teñan cumprido, teñen dereito a ocupa-lo mesmo posto desempeñado ó incorporarse a filas.

Durante o servicio militar percibiranse as pagas extraordinarias establecidas no presente convenio e a empresa estará obrigada a lle proporcionar traballo ó empregado que o solicite sempre que este acredite documentalmente a posibilidade de traballar 21 días como mínimo.

Para o persoal que cumpra o servicio militar na mesma praza onde está situada a factoría, a empresa tratará de adoptar un horario flexible, sempre que as condicións do posto de traballo o permitan.

Artigo 10º.-Bilingüismo.

Para tódolos efectos serán idiomas oficiais o galego e o castelán.

Artigo 11º.-Pezas de roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal de 4 pezas de roupa de traballo ó ano, fundas e batas segundo o caso, con obriga de usalas e con duración conxunta de 1 ano. A súa entrega efectuarase por partes, 2 pezas de roupa a primeiros de xaneiro e 2 a primeiros de xullo.

Material de seguridade: o comité de seguridade e saúde determinará as pezas de roupa de seguridade necesarias para cada posto con obriga do seu uso. Tamén determinará a renovación destas.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A fixación dos horarios de traballo e calendario laboral estableceranse dentro do mes seguinte á publicación do calendario oficial, entre o comité de empresa e a dirección. No caso de desacordo, decidirá a autoridade laboral.

A xornada de traballo nesta empresa terá as seguintes modalidades:

1. Xornada partida.

2. Xornada continuada.

3. Xornada en quendas.

A duración máxima da xornada de traballo será de 40 horas semanais efectivas de traballo.

-A modalidade de xornada partida efectuarase de luns a venres, realizando 8 horas diarias. Estes traballadores pasarán a xornada continuada durante os meses de xullo e agosto a razón de 7 horas diarias durante o dito período de tempo.

Excepcionalmente, a empresa poderá determinar aqueles departamentos ou seccións que necesariamente teñan que realizar esta xornada de luns a sábado.

-A xornada en quendas de traballo poderá ser de 2 quendas, 3 quendas e 3 quendas con 4 de persoal.

A xornada con 2 quendas será de luns a venres a razón de 7 horas e media diarias de traballo efectivo, traballando os sábados pola mañá alternativamente durante 4 horas.

-Xornada de 2 quendas de luns a sábado; será de 6 horas e media de traballo efectivo, con media hora de descanso. A retribución será a mesma que a do persoal de 3 quendas con 4 de persoal, polo que recibirán os complementos na mesma contía en concepto de complemento de locomoción, de traballo ininterrompido e o complemento de nocturnidade, cuantificándose este, como mínimo en 7 noites mensuais.

A xornada con 3 quendas será de 40 horas semanais efectivas de traballo, distribuídas de luns a venres a razón de 7 horas e media de traballo efectivo. Cando unha quenda coincida de mañá, traballará os sábados pola mañá, ata completa-lo cómputo trisemanal de 120 horas efectivas.

A xornada con 3 quendas diarias e 4 de persoal ten por obxecto realizar un proceso de producción que ten que ser continuado. Os días de traballo consecutivo non poderá exceder de 9 e un dos descansos deste período, como mínimo, coincidirá en domingo.

A xornada diaria será de 7 horas e media de traballo efectivo.

Tódolos traballadores de xornada a quenda desfrutarán de media hora de descanso en cada xornada, non computable dentro das 7 horas e media de traballo efectivo e sen que iso implique ningún trastorno co réxime de fabricación. Cando por motivos de necesidade non puidesen desfrutala, será retribuída como exceso de xornada.

A media hora de descanso anteriormente referida non significa traballo efectivo. Esta media hora de descanso desfrutarase: na quenda de 6 a 14 horas, ás 10 horas; na quenda de 14 a 22 horas, ás 18 horas e na quenda de 22 a 6 horas, ás 2 horas.

A empresa e os traballadores comprométense a respecta-la xornada de traballo que actualmente veñen realizando os traballadores de 3 quendas con 4 de persoal.

Poderán establecerse estes sistemas de traballo en todas aquelas seccións en proceso de instalación ou que puidesen instalarse, así como naquelas nas cales xa se viñese realizando.

Na elaboración do calendario anual de traballo para o sistema de 3 quendas con 4 de persoal, a empresa poderá incluír como días de traballo un máximo de 6 festivos, respectando obrigatoriamente el descanso nas seguintes festas: desde as 14 horas do día anterior das festas de Nadal, 1º de ano e 25 de xuño e as 3 quendas das festas de 1º de maio e 25 de xuño, 6 e 8 de decembro.

En compensación dos días festivos incluídos no calendario de traballo como laborables, os traballadores teñen dereito a un número igual de días de descanso com permiso retribuído, os cales serán desfrutados nas seguintes formas:

Naqueles festivos considerados como laborais e nos que se atopen as liñas de producción paradas.

Un quedará absorbido en razón de que as festas de Nadal, 1º de ano e 25 de xuño se iniciarán ás 14 horas do día anterior.

Tres dos días cando os traballadores o soliciten, compatible coa continuidade da producción e o resto dos días poderaos distribui-la empresa nas paradas de fabricación e que estes lles sexan notificados ós traballadores con 15 días de antelación.

No mes de decembro, a empresa aboará en horas extras festivas os días de descanso pendentes de desfrute, salvo que os traballadores prefiran acumulalos ó ano seguinte.

Durante as paradas de fabricación que teñan duración superior a 24 horas, a empresa respectará os descansos dominicais e non se realizarán xornadas nocturnas, a excepción daquel persoal que sexa necesario para a posta en marcha, para efectuar traballos de mantemento de necesidade inmediata ou para aqueles outros dos que pola súa natureza non se puidese prescindir, o cal non terá vixencia cando un festivo coincida en véspera de domingo ou festa.

Aclárase que, para o persoal de 2 quendas, 3 quendas e xornada partida, se desfrutará dos festivos sinalados no BOP da Coruña que para 2000 foi publicado o 30 de outubro de 1999.

Artigo 13º.-Vacacións.

Para o persoal que preste os seus servicios na empresa baixo a modalidade de traballo de 3 quendas con 4 de persoal, poderanse fracciona-las súas vaca

cións anuais da seguinte forma: 25 días ininterrompidos comunicados con dous meses de antelación, e cinco días laborables (de luns a venres) para elixir pola empresa, comunicándoo con quince días de antelación.

O resto do persoal da empresa, segundo o presente convenio, desfrutará dun período de vacacións de 30 días naturais ininterrompidos.

Non obstante o anterior, este período poderá fraccionarse cando a empresa e o comité de empresa así o acorden, en atención a necesidades urxentes do servicio.

A retribución das vacacións será a mesma que correspondería a cada traballador polo seu traballo habitual, excepto complemento de locomoción.

As vacacións desfrutaranse por anos naturais ou na parte proporcional que corresponda no caso de non levar traballando na empresa o ano completo.

O calendario de vacacións establecido entre a dirección da empresa e o comité de empresa, exporase cunha antelación de 2 meses como mínimo. O período de vacacións estará comprendido entre a 2ª semana de xuño e a 3ª de setembro.

Se por necesidades da empresa, os traballadores tivesen que desfruta-las vacacións fóra do período anteriormente sinalado, compensaráselles con 3 días laborables máis sobre os 30 naturais fixados con xeneralidade anteriormente.

No suposto de producirse incapacidade laboral transitoria antes do período sinalado para o gozo de vacacións, estas poderán desfrutarse sempre que durante o ano natural existan días dispoñibles, isto é, que se a ILT continuase ata o 31 de decembro non haberá desfrute de vacacións.

Artigo 14º.-Licencias.

Segundo o presente convenio, o persoal desta empresa terá dereito a desfrutar, mediante previo aviso, licencias en calquera dos casos seguintes, sempre que non veña desfrutando das súas vacacións regulamentarias e estas cubran a totalidade do período solicitado de licencia.

a) Por matrimonio do traballador: 21 días naturais retribuídos, que poderán acumularse ás vacacións.

b) Por falecemento do cónxuxe, fillos, pais, pais políticos, irmáns e irmáns políticos: 5 días naturais retribuídos e 2 días naturais non retribuídos, sempre que formen parte da unidade familiar; 3 días naturais retribuídos e 2 días naturais non retribuídos se non formasen parte da unidade familiar.

c) Por falecemento de avós e netos: 3 días naturais retribuídos.

d) Por falecemento de tíos e sobriños: 3 días naturais retribuídos, sempre que formen parte da unidade familiar; 1 día natural retribuído, ampliable a 2 días máis sen retribución se non formasen parte da unidade familiar.

e) Por enfermidade grave de cónxuxe, pais, fillos, irmáns ou pais políticos: 3 días naturais retribuídos e 2 días naturais sen retribución; igualmente, os fillos políticos se forman parte da unidade familiar.

f) Por parto da esposa: 5 días naturais retribuídos.

g) Por voda dun fillo: 2 días naturais retribuídos.

h) Por voda dun irmán: 1 día natural retribuído.

i) Por estudios, concederanse as licencias necesarias retribuídas para que se poida concorrer ós exames nas convocatorias do correspondente centro, debendo presentarse os xustificantes de convocatoria e asistencia a exame.

j)Por cumprimento dun deber de carácter público e persoalmente inescusable: o tempo preciso para iso, sendo retribuído.

k) Por mudanza: 2 días naturais retribuídos.

l) O persoal de xornada partira terá dereito a 1 día de licencia, que desfrutará cando o solicite.

m) A tarde do martes de Entroido será libre para o persoal de xornada partida e 2 quendas.

Posteriormente ó desfrute destes permisos, os productores xustificarán fidedignamente as causas polas que foron motivados.

O desfrute das licencias terá que comezar no momento inmediato á causa que a motiva. De non tela solicitada en tal sentido, non procederá a dita licencia, con excepción do sinalado na letra a).

Artigo 15º.-Excedencia.

Poderán solicitar excedencia aqueles traballadores cunha antigüidade na empresa de como mínimo un ano, que non poderán instar nova solicitude ata que teñan transcorrido 2 anos, contados desde o remate da anterior, a excepción de que esta sexa concedida por realización de estudios de calquera clase. A duración será entre 3 meses e 5 anos. A petición formularase por escrito, tendo que resolverse ós 15 días da súa formulación.

A petición de reingreso débese facer en tódolos casos cun mes de antelación ó remate do período de excedencia, sendo inmediata a incorporación ó posto de traballo, unha vez transcorrido este período de 30 días. A concesión de excedencia será obrigatoria, cando teña por orixe o desempeño polo productor dun cargo de carácter público e/ou sindical; neste caso, o tempo de duración desta estenderase a todo o tempo que desempeñe o cargo que se lle confiou ou para o que foi designado.

O comité de empresa tramitará ante a dirección da empresa tódalas peticións de excedencia por parte dos traballadores a que representen.

Artigo 16º.-Estructura salarial.

A estructura salarial deste convenio represéntase así:

-Salario base ou de convenio: salario de convenio máis complemento ad personam.

-Complementos do salario:

a) Persoais: antigüidade.

b) De posto de traballo: complemento de nocturnidade, complemento de 3 quendas, complemento de traballo ininterrompido, complemento de xornada partida.

c) De calidade ou cantidade: horas extras.

d) De vencemento periódico superior a 1 mes:

Paga de primavera.

Paga de verán.

Paga de Nadal.

-Devengos non salariais.

Axuda de custo de viaxe.

Quebrando de moeda.

Complemento de locomoción.

Mellora social.

Artigo 17º.-Salario base ou de convenio.

Os salarios base ou de convenio establecidos para cada categoría profesional por unidade de tempo son os que se recollen nas táboas do anexo I.

Artigo 18º.-Antigüidade.

Consistirá en quinquenios en contía de 4.965 ptas. mensuais, igual para tódalas categorías. A data inicial de cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa, calquera que sexa a categoría coa que ingrese.

Unicamente non se computará para antigüidade o tempo que se teña permanecido en situación de excedencia voluntaria.

A antigüidade comezarase a devengar a partir do día 1 do mes seguinte a aquel no que se cumpre o quinquenio.

Artigo 19º.-Complementos.

a) Complemento de nocturnidade: os traballadores que presten os seus servicios entre as 22 e 6 horas percibirán un 25% do seu respectivo salario de convenio en concepto de complemento de nocturnidade, por cada xornada traballada.

b) Complemento de 3 quendas: os traballadores en réxime de 3 quendas de traballo con descanso dominical percibirán por cada mes traballado neste réxime 6.976 ptas. mensuais.

c) Complemento de traballo ininterrompido: os traballadores en réxime de 3 quendas de traballo con 4 quendas de persoal percibirán por este concepto 23.978 ptas. mensuais.

d) Complemento de xornada partida: os traballadores en réxime de xornada partida percibirán por este concepto 3.603 ptas. mensuais.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Serán horas extraordinarias todas aquelas que excedan da xornada establecida no artigo 12º para cada réxime de traballo.

Os valores das ditas horas son os que figuran para cada categoría no anexo II deste convenio, que foron calculados de acordo coa lei vixente (Decreto 17-3-1973).

A iniciativa de traballo en horas extraordinarias corresponderalle á empresa e a libre aceptación ou denegación ó traballador. So serán obrigatorias nos supostos recollidos en lei.

Terán consideración de horas extras nocturnas as que coinciden coa quenda de noite.

Terán consideración de horas extras festivas as realizadas en domingo, día festivo ou en día de descanso; ademais, cando un festivo coincide en día de descanso semanal percibiranse 8 horas festivas, entendéndose que a xornada que segundo o seu réxime de quenda se realiza en domingo, non ten consideración de horas festivas en canto é compensado con descanso semanal.

Artigo 21º.-Pagas extraordinarias.

A tódolos traballadores aboaránselle-las pagas extras de verán e Nadal na contía, cada unha delas, de 30,4 días de salario de convenio máis ad personam máis antigüidade correspondente. Tamén se lles aboará a paga de primavera na contía de 12 días e nos mesmos conceptos anteriores.

A paga de primavera farase efectiva o día 15 de marzo; a de verán o día 15 de xullo e a de Nadal o día 15 de decembro ou nos días inmediatamente anteriores se estes fosen festivos.

O importe das pagas extraordinarias será proporcional ó tempo de permanencia na empresa durante os 12 meses anteriores ó aboamento destas, computándose como permanencia os períodos de ILT.

Artigo 22º.-Axuda de custo e desprazamentos.

O persoal que saia fóra da localidade na que reside a empresa por causas de servicio a esta, terá dereito a unha indemnización polos gastos que se lle orixinen, logo de xustificación.

Artigo 23º.-Quebranto de moeda.

Os pagadores percibirán por este concepto a cantidade de 5.054 ptas. mensuais.

Artigo 24º.-Igualdade de retribucións.

Non pode establecerse diferencia de retribucións por razón de sexo, idade ou nacionalidade para o persoal que desenvolva traballo de igual valor. Considerarase valor igual aquel que teña idéntica clasificación profesional e posto de traballo, así como función, actividade e rendemento.

O mesmo se respectará para a promoción persoal.

Artigo 25º.-Enfermidade e accidente.

A partir dun mes ininterrompido de situación de ILT, o traballador percibirá por conta da empresa un complemento que, adicionado á prestación do INSS, complete o 100% dos seus salarios reais, podendo requirirse certificación médica e o visto e prace en sesión conxunta do comité de empresa

e a dirección, tomando como base o mes anteriormente traballado con exclusión soamente de horas extras.

Cando a ILT sexa debida a accidente laboral, enfermidade profesional ou maternidade, este complemento percibirao desde o primeiro día.

Nos supostos de que a ILT motivara hospitalización, o traballador terá dereito á percepción do dito complemento a partir do primeiro día de situación de ILT.

Para o cómputo dos complementos para os efectos da percepción antes sinalado, tódolos meses serán de 30,4 días.

Artigo 26º.-Mellora social.

Todo o persoal que traballe a xornada partida poderá realiza-lo xantar no bar, séndolle deducido do importe total da comida a cantidade de 557 ptas., por ser estas aboadas pola empresa, a partir do día 1 de xaneiro de 2000.

A empresa asume o incremento do IPC correspondente ó importe total que debe satisface-la empresa e o persoal durante os dous anos de vixencia do presente convenio.

Artigo 27º.-Fondo social.

O fondo social nutrirase co 1% do salario base ou de convenio de cada traballador máis outra cantidade igual por parte da empresa. O control e destino deste fondo terao o comité, debendo dar coñecemento á empresa.

Artigo 28º.-Xubilación.

Establécese un premio de xubilación ós 65 anos para o persoal que leve como mínimo 7 anos na empresa, consistente nunha mensualidade de salario base e a súa antigüidade. Así mesmo e para o persoal que se xubile voluntariamente, establécense as seguintes cantidades:

-Ós 60 anos: 300 días de salario real.

-Ós 61 anos: 240 días de salario real.

-Ós 62 anos: 180 días de salario real.

-Ós 63 anos: 120 días de salario real.

-Ós 64 anos: 100 días de salario real.

Estas cantidades aboaranse con independencia das liquidacións correspondentes, mantendo o seu valor económico durante toda a vixencia do convenio.

Artigo 29º.-Póliza de seguro.

A empresa garante para 2000 e 2001, duración deste convenio, unha póliza de cobertura colectiva das mesmas condicións e cobertura de continxencia vixente:

-Por morte natural: 300.000 ptas.

-Por accidente e invalidez permanente: 2.000.000 de ptas.

O comité de empresa xestionará a póliza de seguros coas mesmas condicións de risco actuais.

Da dita xestión o comité informará a empresa, co fin de que esta poida acepta-las correspondentes primas ou facilitarlle o comité unha licitación mellor.

Artigo 30º.-Información.

Cando se produzan decisións da empresa que afecten substancialmente á organización de traballo e necesiten a aprobación da autoridade laboral, a empresa informará previamente ó comité de empresa, con 20 días de antelación.

Artigo 31º.-Maternidade.

Toda muller en estado de embarazo terá dereito a cambio de posto de traballo cando este entrañe dificultades para a nai ou o fillo, logo de informe do médico de empresa, confirmado, se procede, polo seu xinecólogo.

No suposto de parto, a suspensión do contrato de traballo terá unha duración de dezaseis semanas que se desfrutarán de forma ininterrompida, retribuídas co 100% do salario real, ampliables no suposto de parto múltiple en dous semanas máis por cada fillo a partir do segundo.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatamente posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que o pai e a nai traballen, esta, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións; a muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderán desfrutalo indistintamente a nai ou o pai no caso de que ámbolos dous traballen.

Artigo 32º.-Complemento de locomoción.

Establécese un complemento de locomoción para tódolos traballadores por uns importes que figuran nas táboas anexas. O dito complemento estará referido a días efectivos de traballo polo que, de producirse algunha ausencia que non encaixe dentro daqueles supostos nos que a empresa está obrigada a aboa-la retribución completa, descontarase a parte proporcional correspondente ós días de ausencia no mes, en relación cos días laborables deste, ata un máximo de 12.205 ptas.

Artigo 33º.-Contratación de traballadores en prácticas ou para formación.

a) Traballadores en prácticas: a contratación destes traballadores rexerase polo disposto no Estatuto dos traballadores e disposicións complementarias.

A súa retribución económica non poderá ser inferior ó 60 ou ó 75 por 100 durante o primeiro ou o segundo ano de vixencia do contrato, respectivamente, do salario fixado para o traballador que desenvolve o mesmo ou equivalente posto de traballo.

Sen prexuízo do anterior, en ningún caso a dita retribución poderá ser inferior ó salario mínimo interprofesional vixente.

b) Traballadores en formación: esta forma de contratación rexerase igualmente polo establecido no Estatuto dos traballadores e disposicións complementarias. A súa retribución económica será a establecida neste convenio para a categoría profesional na cal efectúe a súa formación, sen que poida ser inferior ó salario mínimo interprofesional en proporción ó tempo do traballo efectivo.

O traballador terá dereito a ser contratado como traballador en prácticas polo período de 12 meses, para o cal deberá estar en posesión de título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior, ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, que habiliten para o exercicio profesional, dentro dos catro anos inmediatamente seguintes ó remate dos correspondentes estudios. Ó rematar este novo período, de non haber vacante na categoría correspondente, será dado de baixa na empresa mantendo preferencia na primeira vacante que se produza.

c) A retribución dos traballadores en prácticas ou en formación será proporcional á xornada de traballo que realice.

Artigo 34º.-Acción sindical.

Quedan recoñecidas as seccións sindicais da empresa que cumpran os seguintes requisitos:

a) Tratarse de centrais legalizadas.

b) Que agrupen como mínimo ó 10% do cadro de persoal de cada centro de traballo.

As seccións sindicais poderán dispoñer dun taboleiro de anuncios para a súa propaganda específica.

Aquelas centrais que agrupan máis do 25% dos traballadores do centro de traballo terán capacidade para a convocatoria de asembleas. As ditas asembleas terán lugar fóra das horas de traballo.

Aquelas centrais sindicais que agrupen máis do 40% dos traballadores por centro de traballo, teñen dereito ata a 70 horas por ano retribuídas para a súa acción sindical. As ditas horas retribuiranse como se efectivamente se realizase o traballo habitual.

Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais sindicais, a empresa descontará na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central sindical a que pertence,

así como o número de conta corrente á que debe transferirse a correspondente cantidade. A dirección de empresa enviará copia da transferencia de ingreso á correspondente central sindical ou á sección sindical.

O comité de empresa é o órgano legal de representación de tódolos traballadores. Recoñécenselle 24 horas por cada delegado ó mes para a súa acción sindical, que poderán acumularse noutros delegados, entendéndose que o dereito é un conxunto para todo o comité. As ditas horas retribuiranse como se efectivamente se realizase o traballo habitual.

Este disporá dun taboleiro de anuncios no centro de traballo e, ademais, poderá repartir dentro do centro comunicacións a tódolos traballadores.

Artigo 35º.-Seguridade e saúde laboral.

De conformidade co disposto no artigo 38 da Lei de prevención de riscos laborais, constituirase un comité de seguridade e saúde composto por:

-Dous delegados de prevención designados de entre os membros do comité de empresa.

-Dous representantes da empresa.

-Un secretario designado de común acordo, con voz pero sen voto.

Nas reunións do comité de seguridade e saúde participarán con voz pero sen voto os membros do comité de empresa que non asuman as funcións de delegados de prevención.

O dito comité desempeñará as funcións que lle atribúa a vixente Lei de prevención de riscos laborais e as disposicións regulamentarias que a desenvolvan.

Artigo 36º

As condicións económicas pactadas neste convenio comezarán a figurar na nómina de xuño de 2000. Os atrasos devengados por cada traballador aboaranse coa nómina do mes de xuño.

Artigo 37º

A empresa garante que, como consecuencia da aplicación das diversas xornadas recoñecidas neste convenio, non se producirán reduccións no actual cadro de persoal.

Artigo 38º

Os complementos ad personam incrementaranse na mesma porcentaxe có salario.

Artigo 39º.-Transporte.

A empresa aboará a quen teña o seu domicilio a máis de 2 km do centro de traballo, a cantidade de 9,36 ptas./km e figurará na nómina separado do complemento de locomoción.

Artigo 40º.-Denuncia.

O aviso previo de convenio terá que facerse cunha antelación mínima dun mes, respecto á data do seu vencemento.

ANEXO I

Salario

mes

Salario

día

Salario

ano

* Persoal fabricación
Peón102.7073.3791.478.974
Peón especialista103.5593.4071.491.243
Capataz peóns105.7733.4791.523.131
Axudante105.7733.4791.523.131
Oficial de segunda109.9403.6161.583.142
Oficial de primeira117.6633.8701.694.348
Xefe de equipo140.3764.6182.021.417
Xefe de quenda143.9304.7352.072.597
Encargado de sección147.5644.8542.124.918

* Persoal mantemento
Aprendiz 78.3972.5791.128.923
Oficial de terceira111.6513.6731.607.769
Oficial de segunda121.2993.9901.746.699
Oficial de primeira133.4254.3891.921.324
Xefe de equipo154.6015.0862.226.255
Xefe de taller198.2696.5222.855.070
Xefe de mantemento220.3517.2483.173.056

* Persoal subalterno
Dep. econ./pesador/ordenanza105.6353.4751.521.145
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/

almaceneiro/chofer turismo

111.1643.6571.600.760
Conductor mecánico118.3953.8951.704.883

* Persoal administrativo
Aspirante 92.8713.0551.337.348
Auxiliar/telefon./mecanóg.105.5183.4711.519.456
Oficial de segunda125.1474.1171.802.117
Oficial de primeira138.8874.5691.999.976
Xefe155.8225.1262.243.844
Xefe administrativo191.0396.2842.750.962

* Persoal técnico
Analista105.6353.4751.521.145
Delineante125.1474.1171.802.117
ATS119.9883.9471.727.821
Perito141.8364.6662.042.443
Técnico proxectista144.5294.7542.081.221
Licenciado/enxeñeiro191.0396.2842.750.962

ANEXO II

Hora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./Noct.

* Persoal fabricación
Peón 8451.4781.690
Peón especialista 8511.4891.702
Capataz peóns 8611.5071.723
Axudante 8611.5071.723
Oficial de segunda 9001.5761.801
Oficial de primeira 9621.6841.924
Xefe de equipo1.1111.9452.223
Xefe de quenda1.1411.9972.282
Encargado de sección1.1672.0422.334

* Persoal mantemento
Aprendiz 6301.1021.259
Oficial de terceira 9001.5761.801
Oficial de segunda 9721.7021.945
Oficial de primeira1.0741.8802.149
Xefe de equipo1.2542.1952.509
Xefe de taller1.5782.7623.157
Xefe de mantemento1.7803.1153.560

* Persoal subalterno
Dep. econ./pesador/ordenanza 8601.5051.720
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/

almaceneiro/chofer turismo

9091.5901.817
Conductor mecánico 9861.7251.972

* Persoal administrativo
Aspirante 7411.2971.482
Auxiliar/telefon./mecanóg. 8381.4661.675
Oficial de segunda 9951.7411.990
Oficial de primeira1.1051.9342.210
Xefe1.2382.1662.476
Xefe administrativo1.5132.6473.025

Hora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./Noct.

* Persoal técnico
Analista 8361.4621.671
Delineante 9951.7411.990
ATS
Perito1.1241.9662.247
Técnico proxectista1.1482.0102.297
Licenciado/enxeñeiro1.5132.6473.025

ANEXO III

Complemento de locomoción

Dúas/tres

e catro quendas*

* Persoal fabricación
Peón 18.975
Peón especialista 19.016
Capataz peóns 19.129
Axudante 19.129
Oficial de segunda 19.336
Oficial de primeira 19.724
Xefe de equipo 20.864
Xefe de quenda 21.044
Encargado de sección 21.225

* Persoal mantemento
Aprendiz 17.757
Oficial de terceira 19.428
Oficial de segunda 19.905
Oficial de primeira 20.518
Xefe de equipo 21.574
Xefe de taller 23.768
Xefe de mantemento 24.869

Dúas/tres

e catro quendas*

* Persoal subalterno
Dep. Econ./pesador/ordenanza 19.124
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/

/almaceneiro/chófer turismo 19.400

Conductor mecánico 19.763

Tódolos traballadores a xornada partida percibirán 12.205 pesetas en concepto de complemento de locomoción.

(*) Tres quendas con catro de persoal.