Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de xullo de 2000 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado Escuela de Secretariado Bilingüe da Coruña.

Examinado o expediente iniciado pola titularidade do centro privado Escuela de Secretariado Bilingüe da Coruña, solicitando o cesamento de actividades.

Resultando que o dito centro privado obtivo por Orde do 13 de xullo de 1990, rectificada pola Orde do 18 de outubro de 1990, autorización para imparti-la rama administrativa e comercial; especialidade secretariado bilingüe e comercial.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Autoriza-lo cesamento de actividades do centro privado Escuela de Secretariado Bilingüe da Coruña, con efectos do 31 de agosto de 2000, segundo os datos que se relacionan no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Disposición transitoria

Autorízase o traslado de 1 unidade de FP2-3º da especialidade de secretariado bilingüe e comercial para o centro de formación profesional específica Castelao da Coruña, da mesma titularidade, mentras non se extingan estas ensinanzas, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Código do centro: 15026844.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Domicilio: r/ Médico Durán, 25 baixo.

Denominación: Escuela de Secretariado Bilingüe.

Titular: M. Carmen y M. Concepción Amor Alonso.

Autorización do cesamento de actividades do centro.