Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 07 de setembro de 2000 Páx. 12.661

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de xullo de 2000 pola que se constitúen os colexios rurais agrupados de Valga e María Zambrano (O Rosal) da provincia de Pontevedra.

Examinados os expedientes sobre a constitución dos colexios rurais agrupados de Valga e María Zambrano (O Rosal), tramitados pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Visto o Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), polo que se aproba o Regulamento das escolas de infantil e dos colexios de primaria, e a Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG do 2 de setembro), que desenvolve o dito decreto.

Esta consellería, en virtude do establecido no artigo 6.3º do referido Decreto 374/1996, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Constituí-los colexios rurais agrupados de Valga e María Zambrano (O Rosal), cos datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo.-Integrar no colexio rural agrupado de Valga os colexios e escolas, que se suprimen como tales, de: EEI Xanza (código 36013382), EEI Chenlo (código 36018355), EEI Campaña (código 36016528), EEI Forno (código 36013400), EEI Ferreirós (código 36013394), EEI Vilarello (código 36013412).

Terceiro.-Integrar no colexio rural agrupado María Zambrano os colexios e escolas, que se suprimen como tales, de: CEIP Fornelos (código 36014039), EEI Marzán (código 36014040), CEP Marzán (código 36008295), CEIP Medas-Novas (código 36008313), EEI Paradela (código 36008350), EEI Pías (código 36014052), CEP Pías (código 36008404), EEI O Calvario (código 36024094).

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Valga.

Localidade: Campaña.

Enderezo: A Torre.

Centro: Colexio Rural Agrupado de Valga.

Código do centro: 36024161.

Zona educativa: Valga.

Unidades.

Educación infantilEducación primariaTotal

9 0 9

LocalidadePostos de traballo

EIEP

Xanza2-

Chenlo (Valga)1-

Campaña2-

Forno (Cordeiro)2-

Ferreirós (Cordeiro)1-

Vilarello (Cordeiro)1-

Educación física1-

Pedagoxía terapéutica1-

Total postos11

Provincia: Pontevedra.

Concello: O Rosal.

Localidade: Pías.

Domicilio: San Miguel de Tabagón.

Centro: Colexio Rural Agrupado María Zambrano.

Código do centro: 36024173.

Zona educativa: O Rosal.

Unidades.

Educación infantilEducación primariaTotal

9 4 10

LocalidadePostos de traballo

EIEP

Fornelos11

Marzán (O Rosal)11

Medas-Novás (O Rosal)11

Paradela (Tabagón)1-

Pías (San Miguel de Tabagón)11

O Calvario (O Rosal)1-

Educación musical1-

Pedagoxía terapéutica1

Total postos12