Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 27 de xullo de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador (PESAN1 00/16-2).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se cita, a resolución do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición do interesado na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro (Viveiro), avda. Ramón Canosa s/n-27863.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000016-2.

Denunciado: Mustapha Massoudi.

DNI: X13180075.

Enderezo: Piñeira-Ribadeo (Lugo).

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 25.0001 ptas./150,26 euros.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0154/11/3110000040 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina de Celeiro-Viveiro, título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Celeiro-Viveiro, 27 de xullo de 2000.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo