Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 06 de setembro de 2000 Páx. 12.625

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de xullo de 2000 pola que se modifica a autorización do centro privado Miralba de Vigo e se integra neste o centro privado Hijas de Jesús-Barreiro de Vigo, que se suprime como tal centro.

Examinado o expediente iniciado pola Congregación Hijas de Jesús, titular do centro privado Miralba de Vigo, polo que solicita a ampliación de 2 unidades de Educación infantil, 6 unidades de educación primaria e a reducción de 2 unidades de bacharelato; así mesmo, a dita congregación relixiosa pretende a integración do centro privado Hijas de Jesús-Barreiro de Vigo, do que tamén é titular, no centro privado Miralba de Vigo.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Tendo en conta que a documentación presentada e os correspondentes informes reúnen os requisitos esixidos pola lexislación vixente.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la modificación solicitada polo centro privado Miralba de Vigo, ampliando 2 unidades de educación infantil, 6 unidades de educación primaria e reducindo 2 unidades de bacharelato, segundo os datos que figuran no anexo da presente orde.

Segundo.-Autoriza-la integración do centro privado Hijas de Jesús-Barreiro de Vigo no centro privado Miralba de Vigo. Como consecuencia desta integración o mencionado centro privado Hijas de Jesús-Barreiro (código 36010411) queda suprimido.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Gran Vía, nº 164.

Código do centro: 36011178.

Denominación: Centro Privado Miralba.

Titular: Congregación Religiosa Hijas de Jesús.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 8 unidades.

b) Educación primaria: 18 unidades.

c) Educación secundaria:

-12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

-4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.