Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, en sesión do día 27 de xullo de 2000, acordou co voto da maioría absoluta dos membros desta Corporación:

1. Inicia-lo expediente relativo á cesión gratuíta do antigo edificio da Escola Unitaria de Randufe, sita no barrio de Chans da citada parroquia, á Asociación Galega de Hemofilia, para situar nela o centro de obradoiros ocupacionais para mozos hemofílicos de Galicia e do resto de España.

O que se fai público para os efectos recollidos no artigo 8 do vixente Regulamento de bens das CC.LL, podendo presentarse as oportunas alegacións ou reclamacións contra o presente acordo no prazo dun mes contado desde a derradeira publicación do presente edicto no BOP e no DOG.

Tui, 5 de agosto de 2000.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde