Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato administrativo que se cita.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, con data do 27 de xullo de 2000 resolveu declarar deserto o concurso para a concesión da instalación para subministración de carburantes no Centro de Transportes de Mercadorías de Lalín (Pontevedra), por non se ter presentado ningún licitador dentro de prazo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desistencia presunto do recurso de reposición.

O que se fai público para os efectos previstos polo artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 25-10-1983)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes