Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de unificación de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada, de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de unificación das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral

de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:

-V-0272, XG-012, Cariño-Mera, con anexo-desviación de Cabanán de Arriba a Esteiro de Arriba por Landoi.

-V-1663; XG-108, Ferrol-Lugo.

-V-7026/I; XG-400, Aguiño-Santiago de Compostela, con anexos.

-V-7030; XG-404, Lugo-Viveiro-Ferrol-A Coruña-Ourense e Santiago-Ferrol-Meira, con anexos.

da titularidade da empresa Ideal Auto, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente nos servicios provinciais de Transportes da Coruña (estación de autobuses), Lugo (Ronda da Muralla, 70-edf. adtivos.), Ourense (Curros Enríquez, 1. entlo.) e Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes