Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.599

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (183/2000-4).

Eu, Ángel-Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado nº 183/2000-4,

se notifica a José-Antonio García García o auto do 24 de xullo de 2000, dictado neles que é como segue:

Auto: na Coruña, 24 de xullo de 2000.

Antecedentes de feito:

1. Promoveu as presentes actuacións -por demais constitutivas de autos nº 183/2000-4 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un desta capital-, José-Antonio García García en calidade de parte recorrente, contra aquela suposta Resolución do 23 de marzo de 2000 dictada polo delegado do Goberno en Galicia.

2. En calquera caso, a dita referida parte recorrente omitiu realizar ó promove-las presentes actuacións a correspondente comparecencia, de forma que se dictou aquel precedente provido que agora consta nestas, outorgándoselle aquel ulterior e correspondente prazo emendatorio por termo de dez (10) días para o efecto legalmente establecido e baixo expresa advertencia, no caso de persistir aquela referida omisión unha vez excedido este, de arquivo por caducidade desta vía xurisdiccional contencioso-administrativa outrora para o efecto promovida.

3. Consta pois agora en autos oportuna dilixencia expedida polo titular da secretaría deste xulgado pola que se acredita o transcurso de aquel referido prazo anteriormente aludido, sen que desde logo emendase aquela parte promovente aquela omisión antes referenciada.

Fundamentos xurídicos:

1. O artigo 45.3º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, establece que o xulgado examinará de oficio a validez da comparecencia tan pronto como se presentase o escrito de interposición. Se con este non se xuntan os documentos expresados no punto anterior ou os presentados son incompletos e, en xeral, sempre que o xulgado... estime que non concorren os requisitos esixidos por esta lei para a validez da comparecencia, requirirá inmediatamente a emenda destes, sinalando un prazo de dez días para que o recorrente poida levala a efecto e, se non o fai, ordenarase o arquivo das actuacións.

2. Por outra parte, o artigo 78.2º e 23 daquela referida Lei 29/1998, do 13 de xullo -no que afecta precisamente á tramitación daquela específica vía procedemental característica do procedemento abreviado agora para o efecto aplicable-, prescrible tanto que o recurso iniciarase por demanda -non por mero escrito interpositorio-, ó que se xuntará o documento ou documentos no que o demandante funde o seu dereito a aqueles previstos no artigo 45.2º, de igual referida norma legal contencioso-administrativa, como que «o procedemento abreviado, no non disposto neste capítulo -onde se regula o seu específico trámite procedemental-, rexerase polas normas xerais da presente lei.

3. Ademais, o artigo 138.2º e 3º de igual Lei 29/1998, do 13 de xullo, establece que cando o órgano xurisdiccional, de oficio, aprecie a existencia dalgún defecto emendable, dictará providencia en que

o sinale e outorgue o mencionado prazo para a emenda, con suspensión, se é o caso, do fixado para dictar sentencia, polo que só cando o defecto non sexa emendable ou non se emende debidamente no prazo, poderá decidirse o recurso con fundamento en tal defecto.

4. Pois ben, o artigo 45.3º da dita vixente norma legal contencioso-administrativa prescribe a comparecencia ante o correspondente órgano xudicial desta específica orde xurisdiccional como a única pauta procesual interpositoria -ben mediante mero escrito interpositorio no caso do procedemento ordinario ou a través da interposición directa de demanda no procedemento abreviado que agora nos ocupa-, desta vía xurisdiccional contencioso-administrativa, compeléndose inclusive ex lege -segundo se desprende da súa literal redacción legal-, ó órgano xurisdiccional unipersoal ou colexiado para que examine ex oficio a súa validez.

5. Pois ben, pese a que se dictou outrora aquela providencia que corre agora unida a estas actuacións pola que se lle outorgou a aquela contraparte demandante previo e específico prazo emendatorio para que emendase aquela inicial omisión de comparecencia neste Xulgado do Contencioso-Administrativo número un aquí sito, co fin de proceder así a levantar ulterior dilixencia acreditativa ó respecto, notificándoselle desde logo o dito extremo o 10 de xullo de 2000 segundo se colixe do contido destes autos, persiste semellante omisión procesual pola súa parte, de forma que tendo en conta que semellante omisivo extremo non foi corrixido ata a data malia aquel expreso e emendatorio prazo outrora para o efecto outorgado.

Vistos os artigos citados e demais de pertinente e xeral aplicación, acórdase declara-la caducidade daquel referido recurso xurisdiccional contencioso-administrativo outrora promovido por aquela parte recorrente antes aludida.

Notifíqueselle-la presente resolución ás correspondentes partes comparecidas mediante a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e signifíqueselle-lo dereito que os asiste de interpoñeren eventual recurso de apelación no prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ó da súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí radicado e perante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia, igualmente residenciado nesta capital.

Mándao e asínao o maxistrado xuíz do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña José Manuel Ramírez Sineiro.

E para que lle sirva de notificación ó demandado José-Antonio García García, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xullo de 2000.

Ángel-Javier Martín Sánchez

Secretario