Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal de Lalín na súa sesión ordinaria do día 26 de xullo de 2000 acordou que:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o expediente de modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lalín redactado polo arquitecto Javier Bugallo Thielen co texto e documentos que figuran no expediente.

Segundo.-Proceder á publicación do acordo no DOG, do texto no BOP e a remitir a documentación prevista na Lei do solo, artigo 48, e artigo 8 c) da Lei de delegación de competencias que entrará en vigor conforme a estas disposicións.

Recursos.-O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñer contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a presente resolución, dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de RXAP e PAC, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación do presente edicto no DOG, na forma prevista no artigo 45 da LXCA.

Se se opta pola interposición do recurso potestativo: o interesado poderá espera-la resolución deste para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ou ben transcorrido un mes desde a súa interposición sen que recaese resolución en prazo entenderase desestimado e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo. No primeiro suposto o prazo será de dous meses e no segundo de seis a aquel en que se considere desestimado para interpoñer recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Advírtese que os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren pertintente en defensa dos seus intereses.

Lalín, 27 de xullo de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado