Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (15/2000).

A concellería delegada de Urbanismo, con data do 9 de xuño de 2000, dictou a seguinte resolución:

«Primeiro. Incoar expediente para a aprobación de bases e estatutos da xunta de compesación que se vai constituír para a execución do polígono G9.01 (r/San vicente) do Plan xeral de ordenación municipal vixente.

Segundo. Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por César Pérez Maldonado, en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Terceiro. Ordena-la citación persoal no expediente a quen apareza como interesado na súa calidade de titular de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se adxunta, facultando a comisión xestora, e, no seu nome, César Pérez Maldonado como secretario dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE número 103, do 30 de abril), advertíndolles ós interesados que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Marina nº 18, entre as 12 e as 13.30 horas de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada onde poderá consultalo e presentar cantas alegacións considere convenientes na defensa dos seus dereitos.

Esta publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal e, en particular, a Florinda Álvarez García.

A Coruña, 12 de xullo de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda