Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/150-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Taxes.

Situación: Muros.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 551 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. existente Muros-Louro-Lariño 2ª F e final

no C.T. Taxes-aéreo de 50 kVA e rede de baixa tensión en conductor R.Z. Concello de Muros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de xullo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña