Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 01 de setembro de 2000 Páx. 12.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións de recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-01594-O-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 18 de xullo de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

Expediente: LU-01594-O-1999.

Matrícula: PO-4611-AZ.

Denunciante: G.C. Tráfico.

Denunciado: Roberto Alfredo Rodríguez-Solano Rivero.

Último enderezo coñecido: Carregal de Abaixo-Amorín, 54, Tomiño, 36730 Pontevedra.

Feito denunciado: realizar un transporte público de mercadorías carecendo de tarxeta de transportes, así como de tódolos distintivos de radio de acción.

Data: 27-7-1999.

Hora: 19.55.

Estrada: C-546.

p.k.: 27.

Precepto infrinxido: artigo 141.o) RLC, 140.a) LOTT, artigo 198.p) RLC, 197.a) ROTT, artigo 90 LOTT, artigo 41 ROTT.

Precepto sancionador: artigo 143 LOTT, artigo 201 ROTT.

Sanción imposta: 50.000.

Resolución recurso: inadmisible.