Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.440

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 74/2000, interposto por Carlos Martín Valentín, Julia del Carmen López Cabido, Mercedes González Pavón e outros, contra a desestimación presunta por silencio administrativo dos diferentes recursos de alzada interpostos contra a resolución do secretario xeral desta consellería do 16 de decembro de 1999, pola que se fai pública a lista definitiva de adxudicatarios, puntuacións e oficinas de farmacia adxudicadas no concurso público convocado por Resolución do 20 de xaneiro de 1998.

Resolución do 18 de agosto de 2000, do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 74/2000, interposto por Carlos Martín Valentín, Julia del Carmen López Cabido, Mercedes González Pavón e outros, contra a desestimación presunta por silencio administrativo dos diferentes recursos de alzada interpostos contra a resolución do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 16 de decembro de 1999, pola que se fai pública a lista definitiva de adxudicatarios, puntuacións e oficinas de farmacia adxudicadas no concurso público convocado por Resolución do 20 de xaneiro de 1998.

En consecuencia, esta secretaría xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos que se tramitan perante o Xulgado Contencioso-Administrativo número catro da Coruña, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2000.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais