Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Pedroso, no concello de Rodeiro, da provincia de Pontevedra, por parte de Piedras y Granitos de Villanueva, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Piedras y Granitos de Villanueva, S.L., con domicilio en Estrada Vella, 57, Vilanova de Arousa, presentou nesta delegación provincial, o día 2-2-2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Pedroso, de 15 cuadrículas mineiras para recursos de gra

nito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Rodeiro, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2.843 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 59' 40''42º 40' 40''

Vértice 27º 59' 40''42º 42' 00''

Vértice 37º 58' 20''42º 42' 00''

Vértice 47º 58' 20''42º 41' 00''

Vértice 57º 58' 40''42º 41' 00''

Vértice 67º 58' 40''42º 40' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 26 de xullo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra