Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, para a execución da instalación chamada L.M.T., C.T. e R.B.T. do Curraíño, no concello de Abadín. (Expediente 11/2000 A.T.).

De conformidad co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro) e decretos 2617 e 619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro) sobre instalacións eléctricas, de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A. con domicilio en Cidade de Viveiro 4, Lugo, como entidade beneficiaria, para a declaración de utilidade pública, en concreto, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición das servidumes de paso sobre os bens e dereitos que afecten o proxecto das seguintes instalacións aprobadas e autorizadas administrativamente por resolución desta delegación provincial do 23 de febreiro de 2000.

1. Liña de media tensión aérea ó C.T. do Curraíño, con orixe na L.M.T. a deriv. a Romariz de Arriba II e remate no C.T. do Curraíño, cunha lonxitude de 421 m.

2. Centro de transformación, situado no Curraíño, cunha potencia de 50 kVA.

3. Rede de baixa tensión no Curraíño de 1.180 m de lonxitude.

O que se fai público para o coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais, ou intereses económicos sobre os bens afectados que foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla 70 (edificio administrativo da Xunta) e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta resolución realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º de Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben

intentada a notificación, non se puidera practicar e así dirixirlle o Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 17 de xullo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 11/2000 A.T. Provincia: Lugo

Reelectrificación no CurraíñoTermo municipal: Abadín

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

2Fonte Valiña (Romariz)Monte baixoJesús Novás LópezO Curraíño, nº 1, Romariz (Abadín)10130
5Fonte Valiña (Romariz)Campo e árboresJesús Novás LópezO Curraíño, nº 1, Romariz (Abadín)20,34581.160
10O Curraíño (Romariz)ArboredoJesús Novás LópezO Curraíño, nº 1, Romariz (Abadín)600
11O Curraíño (Romariz)Campo e árboresJesús Novás LópezO Curraíño, nº 1, Romariz (Abadín)12
12O Curraíño (Romariz)Monte baixoJesús Novás LópezO Curraíño, nº 1, Romariz (Abadín)30,6422400
13O Curraíño (Romariz)Campo e árboresJesús Novás LópezO Curraíño, nº 1, Romariz (Abadín)41,121631.240