Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.419

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle da publicidade á modificación das listas, correspondente á categoría 009 (oficial de 2ª de faenas agrícolas e outros) do grupo IV (lista B).

Publicada a Resolución do 22 de febreiro de 2000 (DOG nº 45, do 6 de marzo) relativa á publicación da lista provisional da categoría 009 (oficial de 2ª de faenas agrícolas e outros) do grupo IV e unha vez resoltas as reclamacións contra as exclusións, ou puntuacións, e rematada a revisión de oficio de tódolos expedientes da dita categoría, procede darlle publicidade á nova lista provisional previa á definitiva que figura nos anexos da forma que seguidamente se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista con indicación da puntuación provisional.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión. Os aspirantes relacionados neste anexo cun asterisco terán un prazo de dous meses para presentar a resolución personalizada, pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Promoción Educativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, a petición do interesado, a declaración de equivalencia para efectos de acceso a empregos públicos ou privados, dos estudios de capataz agrícola cos de formación profesional de primeiro grao.

Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Os solicitantes que figuran agora admitidos e non figuraban na lista provisional (DOG nº 45, do 6 de marzo) ou figuraban excluídos disporán dun prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formula-las alegacións que coiden oportunas e remiti-lo xustificante de aboamento da taxa correspondente.

Grupo IV: 4.700 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública