Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2000 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto e adxudicación por concurso, con tramitación ordinaria, para a contratación do servicio de limpeza dos portos e instalacións portuarias dependentes deste ente público na provincia de Lugo. (Expediente LU-14-00-2000-S1).

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicios Centrais. Área de Planificación e Explotación.

c) Número do expediente: Clave LU-14-00-2000-S1.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza xeral, recollida e retirada de residuos, instalación de contedores e o seu baleirado e transporte dos residuos a lugar autorizado, desratización e limpeza de conduccións, canalóns, foxos e arquetas, dos portos e instalacións portuarias dependentes do ente público Portos de Galicia na provincia de Lugo.

b) Lugar de execución: portos e instalacións portuarias dependentes do ente público Portos de Galicia na provincia de Lugo.

c) Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 78.453.376 pesetas (setenta e oito millóns catrocentas cincuenta e tres mil trescentas setenta e seis pesetas, equivalente a 471.514,286 euros) (IVE incluido), que supoñen 39.226.688 pesetas (trinta e nove millóns duascentas vinteseis mil seiscentas oitenta e oito pesetas, equivalente a 235.757,143 euros) (IVE incluído) por cada ano de vixencia do contrato.

5. Garantías.

Provisional: 1.569.068 pesetas (9.430,289 euros).

Definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría B.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de bases do concurso.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará o día 13 de outubro de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro xeral do ente público Portos de Galicia, ou na forma establecida no artigo 100 do Decreto 3410/1975, do 25 de novembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de Contratación do Estado.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela. 15707.

d) Data: o día 23 de outubro de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais do ente público Portos de Galicia o resultado da dita comprobación, indicando, de se-lo caso, o prazo establecido para a emenda dos defectos materiais observados na documentación susceptibles de corrección.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 21 de agosto de 2000.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia