Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 373/1999 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 2 de agosto de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

373/99Ana Lucía Ribeiro MagnoX-0659569-XAvda. da Coruña, nº 31-1º CamariñasBar California23 o) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade

376/99Miguel Ángel Penas Prado y Otro, S.C.G-15.822.251Ronda da Coruña, 38-4º MelidePub Versus26 e) LO 1/199228 LO 1/199230.000 ptas.

AC-EP 28/2000María Teresa dos Santos Romero76.966.507R/ Rambla, edificio San Xoán, 3º F Portosín, Porto do SonO Bodegón26 e) LO 1/199228 LO 1/199215.000 ptas.

AC-EP 34/2000Mugal, S.A.A-15.033.319R/ Humboldt, nº 7, Sta. Cristina, OleirosDiscoteca Brother's23 o) LO 1/199228 LO 1/1992200.000 ptas.