Visto os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Dorinda IV e Fina, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:
A) Antecendentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito con data do 10-2-2000, Alfonso Canosa Dacosta, en nome e representación de Alfonso Canosa Dacosta, solicitou autorización para a transmisión das concesións das bateas Dorinda IV e Fina.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:
Autoriza-la transmisión inter vivos a favor de Xestadelo, S.L. (DNI/NIF B-36.345.148), da concesión administrativa das bateas que se indican a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Dorinda IV.
Localización: Cangas A 03.
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde outorgamento: 13-12-1967 (BOE/DOG nº 307 do 13 de decembro).
Remate vixencia: 25-12-2007.
Actual titular: Alfonso Canosa Dacosta (DNI/NIF 35.278.059-N).
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Fina.
Localización: Cangas B 22.
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde outorgamento: 16-12-1965 (BOE/DOG nº 311 do 16 de decembro).
Remate vixencia: 29-12-2005.
Actual titular: Alfonso Canosa Dacosta (DNI/NIF 35.278.059-N).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 17 de xullo de 2000.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo